Ferrol ten unha indubidable atración para todos nos. Un feito que se pon demanifesto unha vez máis coa publicación destes "Pequenos tesouros do Ferrol de sempre", dos autores ferroláns Joaquín Díaz-Pache e OlgaCristina Viñao. [...]
Neste "Pequenos tesouros de Ferrol desempre" a ollada dos autores ten virtude dedirixi-la nosa atención cara as pequenas cousas nas que en poucas ocasións reparamos e noutras nas que xa non podemos facelo, salvo con este libro, porque recuperan tamén anacos de sensacións perdidas no tempo, pero ainda presentes nalgunhas memorias privilexiadas. O percorrido que os autores fan non e unha sinxela ruta cultural ou turística, senón que ademáis de revelar-nos os pequenos tesouros da cidade, transpórtanos tamén, a lugares, saborese aromas de vellas tradicións: a misa maior en San Xiao, os paseos das mans dos domingos e días de feira; os maios no cruceiro de Canido, o 3 de maio; o 7 de xaneiro, día de San Xiao e o seu arroz con leite; a festa da Parrocheria en Ferrol Vello.[...]
Juan Blanco Rouco
Alcalde do Concello Ferrol